Hora de ler 23-24

Como en cursos anteriores, temos un tempo diario adicado á lectura e volta á calma despois do recreo. Esta lectura realízase normalmente na aula, intentando variar o formato: lectura individual e silenciosa, lectura compartida, teatralizada, colectiva, na pantalla, de textos propios, etc. Tamén variamos as tipoloxías textuais para que @s nen@s se afagan a todo tipo de lecturas: cómic, poesía, libros informativos, teatrais, lectura de instrucións, cartas, biografías, etc. 

Como novidade deste curso temos unha sesión de 1 hora, completando en moitas ocasións a lectura coa escritura.  Tamén se utilizou este tempo para apadriñamentos lectores, que foron instaurados de forma sistemática entre 1º e 5º e Infantil e 6º.