Durante este curso houbo moitísimo movemento arredor dos libros! Foron moitos os títulos que viaxaron da biblioteca ás casas e tamén ás aulas, alimentando así o gusto pola lectura en diferentes espazos e momentos do día.
Tanto no tempo de recreo como nos Días na biblio, o alumnado tiña a oportunidade de buscar ese libro especial que lles apetecía levar a casa para ler con calma, compartir en familia ou simplemente desfrutar en solitario.
Os libros circularon, compartíronse, recomendáronse... e volveron á biblio para iniciar unha nova viaxe. Un pracer ver como cada vez máis nenos e nenas descobren o valor dos libros como fonte de lecer, coñecemento e emocións.