Hoxe toca... Día na biblio 23-24

Hoxe toca... Día na biblio!!! 

Nos cursos de Primaria temos toda a mañá para estar na biblioteca! En educación Infantil, temos unha hora semanal. No tempo de contextos realizarase un obradoiro de radio pero a biblioteca estará a disposición de toda a escola. Cando está libre, aberta para tod@s! O horario deste curso foi o seguinte:

Cada grupo terá reservada a biblioteca para utilizar durante todo un día (cada dúas semanas). 

En moitas titorías durante este tempo lévanse a cabo plans de traballo (con retos a conseguir en toda a mañá) ou traballo por estacións (diversas propostas polas que van rotando equipos de alumnado). As dinámicas (xa postas en marcha durante cursos anteriores) que  se realizan normalmente o Día da biblio son:

    -     Clubs de lectura.

-      Escrita creativa.

-      Uso da zonas maker: xogos de mesa, construción, manualidades e matemáticas.

-      Traballo por proxectos  ou pequenas búsquedas de información.

-      Radio Coviña.

-      Itinerarios lectores.

-      Apadriñamentos lectores.

-      Uso do croma e recursos de televisión.

-      Lectura por lecer e uso de libros da biblioteca.

-      Uso das tablets e ordenadores da biblioteca.

-      Uso da pantalla multitáctil.

-      Intercambio de libros para casa e para a biblioteca de aula.

-      Etc.