A exposición final do PDI Cruzamos foi unha xornada moi especial e emotiva celebrada no patio da escola, aberta a toda a comunidade educativa. Alí compartimos os proxectos desenvolvidos ao longo do curso sobre Costa Rica, Perú, A Patagonia, Illa de Pascua, Brasil e Estados Unidos. Houbo exposicións orais, presentacións de produtos, vídeos, códigos QR con gravacións de radio e televisión, obras de teatro, bailes e mesmo degustacións gastronómicas. Un encontro cheo de creatividade, aprendizaxe e emocións, que contou cunha gran asistencia de familias e que puxo en valor o traballo colectivo arredor da diversidade cultural e a conexión entre pobos.