Escrita creativa

Entendendo que a lectura e a escritura van da man, así como que a biblioteca debe ser un lugar creativo de aprendizaxes, o equipo de biblioteca leva cursos apostando por fomentar nas titorías adicar unha hora semanal de lingua na biblioteca á escrita creativa. A biblioteca conta cun andel específico con libros, xogos e recursos para o profesorado que axuden a programar estas sesións.

Estamos moi satisfeitos pola receptividade por parte do alumnado nesta sesión, así como o gusto por escribir xeralizado e a mellora na calidade da expresión escrita que este tipo de propostas supón.

Este curso tamén estrenamos unha zona de correos e buzóns para cartearse entre eles. Está no edificio das clases de 1º, 2º e Inglés. Nos buzóns están os nomes do alumnado dese edificio, así como o das mestras e de Coviña. A acollida foi boísima e realmente fomentou a escrita expontánea, así como a lectura de todo o recibido. Houbo incluso sorpresas, deixando familias cartiñas de ánimo aos seus fill@s, cartas de agradecemento ao profesorado… Foi todo unha novidade na escola e quedamos moi satisfeitos da resposta á iniciativa.