Investigamos na biblio 20-21

A biblioteca: fonte de investigación e busca de información.

Fundamentalmente dentro dos contextos educativos de aprendizaxe de educación Primaria lévanse a cabo cada curso numerosos proxectos de investigación (ademáis dos que teñan relación co PDI). Nas titorías tamén hai proxectos e mini-proxectos, ademais de pequenas investigacións sobre temas diversos. A biblioteca é a fonte de recursos principal para poder realizar estes proxectos.

A metodoloxía para estas investigacións xira en torno ao traballo por proxectos, traballo por intelixencias múltiples, traballo por tarefas e grupos de expertos, plans de traballo, experimentos, estacións… alternando todas elas en función dos contidos a tratar. Todas as propostas rematan cun resultado final, que tamén varía pero que en numerosas ocasións é unha exposición oral, programa de radio, gravación na tele, facer un libro, expoñer e realizar un experimento, construir unha maqueta, mapas mentais, liñas do tempo, representacións teatrais, murais, etc.