Día no atelier 23-24

Utilizamos o espazo de atelier durante toda a mañá cada 15 días. Aproveitamos as instalacións deste laboratorio creativo de aprendizaxe para realizar propostas de arte e sobre todo desenvolver o PDI sobre artesanía, tamén levar a cabo experimentos científicos, traballar con materiais de construción e xogos matemáticos, así como realizar actividades de carpintería e costura (como calceta, ganchillo, uso de máquinas de coser, botóns, entre outros). Para iso, normalmente elaboramos plans de traballo onde o alumnado se organiza de forma autónoma para ir afrontando diferentes retos en distintos espazos. 

O atelier tamén é un espazo aberto á Comunidade, sendo moi ben recibidas as colaboracións das familias en diferentes obradoiros e sesións relacionadas co mundo manual: scrapbook, calceta, ganchillo, barro, velas, costura...  

Por último, durante este curso realizáronse diversos obradoiros relacionados co PDI de artesanía: oleiros, cestería, coiro, arranxos florais, elaboración de instrumentos... 

Nas últimas horas da mañá terá lugar no atelier un obradoiro STEAM e estará aberto a todas as necesidades dos contextos educativos de aprendizaxe. Nas horas non reservadas, o atelier poderá ser utilizado en función das necesidades. O horario deste curso será o seguinte: