Zona creativa 20-21

Taller da cesteira Lola Tourón "Técnica caos" co alumnado de 6º

Como a biblioteca da escola forma parte do programa "Bibliotecas creativas" de "Bibliotecas escolares de Galicia", poidemos contar co apoio económico e de formación para poder traer a unha experta a facer un taller co alumnado.

Dado o tema do PDI deste curso, decidimos contar coa especialista Lola Tourón para que nos ensinara a realizar esculturas coa técnica creativa caos. O alumnado de 6º acordou realizar con ela unha zona de asamblea no bosque, realizárona con vimbias e aprenderon esta técnica. Nestes momentos están a realizar eles sós, aplicando a mesma técnica, unha zona de xogo para Infantil no patio da escola.

Primeiras impresións e 3d deste curso!

Os rapaces e rapazas de quinto comezan as súas primeiras impresións 3d. Logo dos deseños previos en Tinkercad, no manexo do programa, na aplicación dos conceptos matemáticos necesarios, chegou o gran momento de poñer a impresora a funcionar. Como inicio decidimos facer uns chaveiros para localizar e identifcar con facilidade as fundas dos nosos ordenadores. Quedaron de marabilla!

Estrenamos moitos xogos na zona creativa da biblio.

A biblioteca da escola forma parte do programa de bibliotecas escolares de Galicia "Biblioteca creativa" e grazas a este programa temos opcións de asistencia a formacións do profesorado co obxectivo de que a biblioteca camiñe cara un laboratorio creativo de aprendizaxes. Ademais contamos cunha dotación económica cada curso para que este espazo estea dotado de recursos creativos: escornabots (robots), impresora 3D, xogos relacionados coa robótica, xogos de mesa, matemáticos, mesa de luz, material de costura... Este curso acabamos de renovar o espazo e estamos estrenando moitos destes recursos!!

Neste espazo aprendemos FACENDO.