Son saídas centradas nos intereses e curiosidades que xurden da observación que acontece durante o paseo. De volta na escola cada neno e cada nena recolle no seu "diario de aprendizaxe" aquelas cuestións destacadas, as palabras claves e os temas sobre os que lles gustaría saber máis despois da saída ao monte.