1º día de escola. Comezamos a travesía!
O pasado 11 de setembro demos inicio ao curso 2024-25 cun acto simbólico no que toda a comunidade educativa compartiu ilusións e bos desexos a través de pequenos barcos de papel.
Na biblioteca, tamén nos sumamos a esta nova travesía, listos para cruzar mares de palabras, lecturas e aprendizaxes xunto co PDI "Cruzamos".
Comezamos con esperanza, co desexo de que cada lectura nos axude a avanzar, incluso nos días de mar máis revolto.