Colaboracións 23-24

Temos voluntariado na biblio. As nosas nenas e nenos maiores están comprometidos coa súa escola e coa súa biblioteca e ofrécense curso a curso de xeito voluntario a axudar. 

Nos recreos, por quendas, encárganse das devolucións e empréstitos, de ordenar, recomendar libros... e incluso de felicitar pola radio aos que están ese día de aniversario ou dar algún recado importante! 

No remate de cada unha das súas xornadas non dubidan en reclamar a aquelas persoas que deixaron algo sen recoller que cumplan as normas da biblio e acudan a deixala como estaba... 

Tamén por quendas, os covilaboradores e covilaboradoras da biblio, realizan o sorteo das mochilas viaxeiras e o retransmiten pola radio da escola. Logo encárganse de revisar e levar cada mochila aos afortunados que resultaron premiados. 

Durante este curso, incluso partiu deles a realización de obradoiros para os máis pequenos: de xadrez, robótica, origami, pulseiras... utilizando o seu tempo de recreo para desfrutar ensinando habilidades aos peques da escola.

Que máis se pode pedir! Noraboa a todas e todos, un curso máis, pola vosa marabillosa implicación!