Un espazo aberto á cultura: Presentación do libro "Caracol cara de col"
O pasado 29 de novembro tivemos o pracer de acoller na biblioteca da escola unha nova actividade cultural organizada pola Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. de Meaño, dentro do seu ciclo “A Cova do trasno”.
Nesta ocasión, a protagonista foi a escritora de literatura infantil Baia Fernández, que nos presentou o seu último libro “Caracol, cara de col”. Foi un momento especial para compartir e escoitar unha obra que xa está a conquistar a pequenos e maiores.
Sentímonos moi honrados de abrir as portas da biblioteca para apoiar as iniciativas culturais do concello e para facilitar este encontro tan enriquecedor para a comunidade.
Grazas a todas as persoas que participaron e fixeron desta xornada un evento memorable.