Radio Coviña 21-22

Durante este curso entramos no programa “Radio na biblio” (de Bibliotecas Escolares de Galicia) e renovamos a parte técnica da mesma. Isto supuxo un avance e unha mellora grande na calidade técnica dos resultados finais dos programas. Tamén facilitou ao profesorado e alumnado a parte de gravación, pois a mesa é moi sinxela de utilizar.

A radio foi moi utilizada no Día de Biblio de cada grupo, dando recados e avisos ao vivo, así como gravando diferentes programas, tanto de animación á lectura (en colaboración con outras escolas e con Radio Tui), lecturas entonadas, teatro lido, entrevistas, conversas improvisadas, anuncios, etc.

Obradoiro de teatro lido con Charo Pita

O 19 de maio tivemos a sorte de recibir a formación de Charo Pita dirixida ao alumnado de 3º e 4º de Primaria. Resultou moi interesante e divertida! Deixamos fotos deses talleres: