Obradoiro: como contar un conto. Chema Heras e Pilar Martínez.
Dentro do programa Lectura e familias, organizamos un obradoiro moi especial para mellorar a arte de contar contos, impartido por Chema Heras e Pilar Martínez. Nesta sesión participaron familias, profesorado e alumnado, creando un espazo de aprendizaxe compartida e diversión.
Partindo do conto “Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis”, do propio Chema Heras, os relatores mostraron trucos e estratexias para captar e manter a atención dos máis pequenos, fomentando que non perdan o fío da historia e que gocen plenamente da experiencia de escoitar un conto ilustrado.
Foi unha actividade moi enriquecedora que serviu para fortalecer os vínculos entre xeracións e para continuar promovendo o hábito da lectura en comunidade.