Enmarcado no PDI do curso "Botarse ao monte" quixemos berrar nel STOP violencia! Deixamos alí plasmado o noso rexeitamento absoluto á violencia machista.
Durante toda esta semana nas aulas houbo unha reflexión sobre o tema, así como lectura de contos relacionados co mesmo. Tamén houbo un traballo de lectura de instrucións e realización das bolboretas de papiroflexia, recollida de pedras no monte así como disfrute coa súa decoración.
Deixamos fotos de diferentes situacións vividas en aula e no monte A Toxa durante esta semana.