Investigamos na biblio

A biblioteca: fonte de investigación e busca de información.

Fundamentalmente dentro dos contextos educativos de aprendizaxe de educación Primaria (por ciclos), leváronse a cabo numerosos proxectos de investigación (ademáis dos que tiñan relación co PDI de filosofía). Nas titorías tamén houbo proxectos e mini-proxectos, ademais de pequenas investigacións sobre temas diversos. A biblioteca é a fonte de recursos principal para poder realizar estes proxectos.

Os títulos dalgúns dos proxectos realizados en diferentes ciclos e cursos foron: “Os sentidos”, “Alimentación saudable”, "Os dinosauros",  “Quen hai aí?: O universo”, “Somos Kepler-186f!: O universo”, "Migrantes", “A vida por dentro”, “Mulleres científicas”, “Cógito ergo sum” (o cerebro e a súa función de relación), “Cambio climático”, “Mulleres filósofas: Martha Nussbaum”, “Loita contra o quecemento global”, etc. Durante o 1º trimestre houbo un proxecto de toda Primaria titulado “Gaia, investigación a fondo” (Nai Terra) que desenrolamos máis adiante.

Os títulos dalgúns miniproxectos son: “Golfiños”, “Elefantes”, "Os ourizos", "A radio",  “Miniproxecto de fútbol”, etc. 

A metodoloxía para estas investigacións xirou en torno ao traballo por proxectos, traballo por intelixencias múltiples, traballo por tarefas e grupos de expertos, plans de traballo, experimentos, estacións… alternando todas elas en función dos contidos a tratar. En todas elas, o traballo cooperativo é fundamental, aínda que os agrupamentos tamén son variables en función da metodoloxía escollida. Todas as propostas rematan cun resultado final, que tamén varía pero que en numerosas ocasións é unha exposición oral, programa de radio, gravación na tele, facer un libro, expoñer e realizar un experimento, construir unha maqueta, mapas mentais, liñas do tempo, representacións teatrais, murais, etc.