Clubs de lectura

Este curso continuamos coa experiencia dos clubs de lectura, implantada en todo o Centro (Infantil e Primaria), asignando unha hora semanal (de Lingua) en todos os cursos.

O equipo de profesorado aplica nesta hora, entre outras metodoloxías, a formación recibida en cursos pasados sobre “escribir como lectores” por parte de Laura Benítez. Intentamos buscar entornos diferentes para este momento: nos xardíns da escola, na biblioteca, na zona de asamblea da aula… para engadir ese componente motivador e de disfrute da propia lectura.

En Primaria escóllense dous ou tres libros por curso. Partindo da lectura colectiva de diferentes fragmentos, capítulos… aprovéitase para un momento de reflexión e expresión oral, creatividade, escrita creativa, espíritu crítico, investigación, ilustración…

En 5º e 6º, en moitas ocasións, o formato é de círculos literarios, onde se combina o traballo cooperativo coa análise dende diferentes roles das obras a tratar. Cada neno/a do equipo le con ollos de ilustrador, escritor, sintetizador, buscador de palabras, buscador de mapas… e cada semana se van rotando eses roles…

Algúns dos títulos traballados durante este curso en Primaria foron: Ojo de nube (Ricardo Gómez), Bala perdida (Manuel Rivas), La historia interminable (Michael Ende), “Ás de mosca para Anxo” (Fina Casalderrey), El día que mamá perdió la paciencia (Belén Gopegui), Escarlatina, a cociñeira defunta (Ledicia Costas), Agu Trot (Roald Dahl), Quokka Moka (María Solar), El vampiro Edelmiro (Scott Emmons), Saltón no camiño (Arnold Lobel). Debido a situación orixinada polo COVID-19, algúns libros quedarán pendientes para clubs de lectura do vindeiro curso.