Mochilas viaxeiras

As fotos que aquí aparecen son dos sorteos das mochilas do curso 19-20.

Durante o presente curso, de momento non as poremos en marcha pola inseguridade de hixiene que nos xurde o feito de que vaian os materiais de casa en casa.

Momentos de espera do resultado do sorteo das mochilas

A finalidade principal das mochilas viaxeiras: Facer chegar a todas as casas lecturas motivadoras, variadas, inspiradoras, divertidas... Levar un anaquiño da biblioteca da escola a todas as familias que forman parte dela.

Este curso, o equipo de biblio seleccionou a bibliografía dotando 13 mochilas (1 para cada aula + 4 para as aulas con máis alumnado) do seguinte xeito:

- Un conto adaptado á idade.

- Un novidade de narrativa adaptada á idade (só en Primaria).

- Un libro de consulta.

- 1 libro de manualidades.

- 1 libro de experimentos.

- Un libro– CD.

- Unha revista (Caracola para Infantil, National Geographic Kids de 1º a 6º).

- Unha guía de orientación familiar.

- Un caderno de viaxe.

Como en cursos anteriores, os/as covilaboradores/as realizaron un sorteo quincenal (un venres cada 15 días) pola megafonía do colexio onde se anunciaban os gañadores da mochila. Mentres os nenos/as estaban na hora de ler, íase anunciando o/a gañador/a de cada clase e ían subindo á biblioteca a recoller a súa mochila. O reparto habitual de mochilas veuse truncado unha vez pechada a escola de xeito inesperado polo estado de alarma. Sentímolo por aquelas familias que este curso non puideron desfrutar da mesma.

Sorteo por parte das covilaboradoras