PSICOMOTRICIDADE NO MONTE
En moitas ocasións na clase azul tamén se realizan as sesións de psicomotricidade no monte.
Realizamos variedade de actividades coas que traballamos a coordinación, equilibrio, traballo en equipo... E tamén nos relaxamos!
PROPOSTA ARTÍSTICA NO MONTE
Os nenos e as nenas da clase azul, de 4 e 5 anos, desfrutaron dunha proposta artística no entorno natural, no monte.
Dividíronse en dous equipos para pintar con témperas en papel continuo.
Os nenos e nenas da clase de 5º elaboraron en aula uns textos teatrais que, logo de asignación de personaxes, ensaios e acordos para reunir o mateial necesario, representaron no "monte da Toxa". Foi unha actividade realizada durante o primeiro trimestre pero que debido ao mal tempo que tivemos non puidemos rematar ata estes primeiros días de xaneiro.
Aproveitáronse as saídas que realizamos para as tarefas relacionadas cos contextos para tamén ensaiar os guións teatrais.
Comprobamos a potencia do teatro como elemento puramenta interdisciplinar, ademais de resultar unha estupenda ferramenta de cohesión de grupo.
Por supusto disfrutamos e rímonos moito, tanto nos ensaios como na "estrea mundial" das obras.
Fotos da estrea das obras de teatro.
Ensaios das obras teatrais:
Clasificacións, series, lóxica matemática con elementos da natureza en ed. Infantil.
Simetrías e series con elementos da natureza en 1º de Primaria
En 3º traballamos a xeometría buscando puntos de intersección, rectas paralelas, rectas verticais, horizontais, oblícuas, liñas curvas, ángulos...
En 5º fomos en busca de ángulos rectos na natureza... e apareceron!!!
Cada vez que saímos ao monte activamos a aplicación móbil Runkeeper que nos permite obter datos relacionados coas distancias recorridas, as zonas do monte nas que se realizou a intervención, altitude, ritmos e frecuencias, etc. Está resultando de moito interese e aproveitamento a utilización destas gráficas na aula, sobre todo no que atinxe ao ámbito matemático.
Traballo en equipo para delimitar, medir superficie e área de espazos do monte.
Aproximación e redondeo das cantidades. Cálculo mental con decimais.
Andy Golworthy
James Brunt
Chamámoslle así ás saídas onde nos propoñemos investigar por novos camiños e lugares novidosos. Observar , curiosear e intentar atopar respostas e facernos moitas, moitas preguntas.