8M. Día Internacional da Muller.

Para celebrar o Día Internacional da Muller toda a escola foi ao monte a ter unha charla con algunha muller traballadora. Agradecemos a colaboración de todas elas, que acudiron para compartir as súas experiencias, dificultades, tarefas do seu día a día coas nosas cativas e cativos. Contamos con arquitectas, bodegueiras, xuristas, mestras, persoal da limpeza, cesteiras,... e aprendemos moito grazas as súas aportacións e exemplo.