Obradoiro de Ismael Torres (fotógrafo)

Este obradoiro tivo lugar no primeiro trimestre, a modo de motivación cara a temática do PDI e de conceptos básicos de fotografía. Tivemos a sorte de contar coa axuda de Ismael Torres, quen explicou de xeito moi adaptado o que debemos ter en conta cando collemos unha cámara. Moitas grazas, Ismael, por este magnífico obradoiro!