Ao longo deste curso, incorporamos moitas novidades á nosa biblioteca, tanto de libros informativos como de lecer. O andel de novidades bibliográficas non deixou de renovarse e... os libros voan nada máis poñelos!
Este espazo tamén se converteu nun punto de referencia para acceder facilmente a lecturas temáticas relacionadas con datas sinaladas: libros de medo no Samaín, lecturas arredor do Nadal, a Paz, as Mulleres, as Letras Galegas... Así, alumnado, profesorado e familias poden atopar con facilidade materiais axeitados segundo o momento do ano, facendo da biblioteca un lugar vivo e en constante diálogo co que acontece dentro e fóra da escola.