Samaín: "A árbore tenebrosa"

Samaín no monte A Toxa.

Coviña invitounos este curso a pasar o Samaín no monte. Comentounos que estaba cheo de árbores tenebrosas e cada curso da escola escolleu a árbore que lle daba máis medo de todo o bosque.

Despois inventamos un conto de medo sobre esa árbore, debuxámola e e incluso algúns cursos gravaron ese conto en Radio Coviña e/ou probarán a facela en miniatura coa impresora 3D.

O venres 30 fomos indo ao monte por cursos. Deixamos pousadas as cabazas decoradas na beira do camiño, nos muros, no monte... e descubrimos contos, árbores tenebrosas e decoracións feitas polos outros cursos.

A noite foi impresionante. Foi precioso poder realizar ese percorrido tenebroso en coche coa familia, coas luces apagadas e as cabazas de toda a comunidade educativa cheas de vida. Moitas grazas aos veciños , ANPA e Concello pola súa implicación.

Quedan nesta páxina fotos e contos. Sen lugar a dúbida, este Samaín foi todo o terrorífico que tiña que ser.

Contos:

Conto Internivel A

Conto de 2º

Fotos:

Árbore tenebrosa de Infantil. Internivel A.

O venres buscamos un lugar no camiño ao monte para deixar a nosa cabaza.

Árbore tenebrosa de Infantil. Internivel B.

Aproveitamos o día que nos tocaba biblio para debuxar a árbore alí.

O venres levamos as cabazas ao monte.

Árbore tenebrosa de Infantil 5 anos.

Debuxamos a nosa árbore tenebrosa nunha cartolina negra

Pousamos as cabazas: venres 30.

Árbore tenebrosa de 1º

O día da biblio tocou escribir e ilustrar o libro da árbore tenebrosa

Tamén gravalo na radio

Levamos as cabazas ao monte.

Decoramos a nosa árbore tenebrosa con bandeiras piratas co código qr co noso conto.

Pensamos en que tesouros piratas esconderiamos no monte. Debuxamos e escribimos os nosos tesouros.

Samaín en 2º

Cosemos cabazas e fixemos guirnaldas con elas.

O venres decoramos a nosa árbore tenebrosa e inventamos un conto terrorífico.

En 3º, por equipos, buscamos as árbores máis tenebrosas.

As escollidas por toda a clase foron estas "árbores xemelgas". Bo lugar para ler os contos inventados, tamén para deixar unha caixa metálica con eles dentro.

O venres fomos levar as cabazas ao monte

Árbore tenebrosa de 4º

O venres decorámola con elementos naturais inertes e colgamos os nosos contos.

Árbore tenebrosa de 5º

O venres fomos descubrindo polo monte as árbores, contos e decoracións de todos os cursos.

En 6º camuflámonos na nosa árbore tenebrosa.

Tamén preparamos o itinerario para o percorrido nocturno nos coches coas familias.

O venres lemos contos de medo no bosque. Buscamos contose árbores terroríficas doutros cursos e disfrutamos delas.