Hora de ler 22-23

Como en cursos anteriores, temos un tempo diario (25 minutos) adicado á lectura e volta á calma despois do recreo.  Esta lectura realízase normalmente na aula, intentando variar o formato: lectura individual e silenciosa, lectura compartida, teatralizada, colectiva, na pantalla, de textos propios, etc. Tamén variamos as tipoloxías textuais para que @s nen@s se afagan a todo tipo de lecturas: cómic, poesía, libros informativos, teatrais, lectura de instrucións, cartas, biografías, etc.

Como novidade deste curso, temos unha sesión á semana reservada na biblioteca para apadriñamentos lectores, quedando semanalmente a clase de 1º con 4º, a de 2º con 6º e a de 3º con 5º.