Laura Benítez

Visita formativa de Laura Benítez

Xa contaramos coa súa presenza hai bastantes anos na escola, e o seu paso por Meaño deu lugar no seu día aos clubs de lectura no formato "escribir como lectores". Quixemos repetir formación coa mesma especialista. Nesta ocasión realizou unha sesión en 2º de Primaria partindo dun escrito científico e en 3º de Primaria sobre como abordar a corrección e mellora dos textos do alumnado. Tomamos de novo nota, e moita nota... tanto o profesorado como o alumnado presentes.