Por que? Por que? Por que?

Despois do gran paso dado no traballo por proxectos nos cursos pasados cos PDI “Aquí todos pintamos moito” (15-16) , “Tele Coviña” (16-17), “Construímos con Coviña” (17-18) e “Puro teatro” quixemos continuar dándolle peso ao PDI na escola. Nesta ocasión quixemos aproveitar o PDI para parar e pousar, para reflexionar, para fomentar o traballo da filosofía para nen@s nas aulas, das emocións, así como dos dereitos da infancia.

Como en cursos anteriores organizámonos de xeito que o 1º trimestre fora de motivación e achegamento ao tema, o 2º trimestre de realización dos proxectos na aula (por iso quedaron os proxectos iniciados pero sen rematar) e o 3º sería de mostra e preparación dos resultados finais, algo que non puido levarse a cabo.

Todo comezou cando Coviña petou á porta e deixou a súaa caixiña máxica. Nela descubriuse o tema do curso.

Durante este curso as sesións de filosofía para nen@s estiveron presentes en todas as aulas.

Celebramos por todo o alto o Día Mundial da Filosofía. Deixamos pensamentos nos nosos "Atrapapensamentos"

Ademais da filosofía, neste proxecto traballáronse especialmente os Dereitos da Infancia.

Deu tempo a comezar a incluso a avanzar nalgún dos proxectos de investigación de aula: En 1º Filosfía partindo dos contos de Elmer e Pomelo, en 2º Universo das emocións, en 3º Mulleres filósofas, en 4º Angela Davis, en 5º Eu robot, eu persoa e en 6º Todos somos Frato.

E contamos cunha visita moi especial. A especialista en educación emocional e na infancia, Mar Romera, visitounos e asistiu a un Consello Escolar Infantil da escola