Zona creativa

É no tramo de contextos educativos de aprendizaxe cando está máis solicitada a zona creativa da biblioteca. Outros momentos nos que se utiliza son os de traballo por estacións, tanto no ámbito lingüístico como no matemático.

Durante este curso tamén cobrou vida a zona de costura, tanto para a elaboración de disfraces, como para resultados finais de proxectos, medida en matemáticas, etc.

En Primaria traballamos con escornabots, principalmente en matemáticas, traballando cálculo, xeometría e medida, memoria de traballo, atención sostida, coordenadas xeográficas, etc., na maioría dos casos no tramo de estacións de aprendizaxe.

Tamén usamos a zona Lego para creacións plásticas e traballos matemáticos (simetrías, numeración - fraccións e medida - áreas), propostas de construción dos contextos, propostas d@s nen@s nos proxectos, etc.

A papiroflexia tamén tivo importancia durante o curso coma ferramenta transversal.

En 6º de Primaria houbo unha iniciación no uso e manexo do deseño 3D mediante a aplicación Tinkecard. Vinculouse esta tarefa ao ámbito matemático, en concreto da xeometría, cálculo de superficies e volume.

A pantalla multitáctil foi outro dos recursos máis solicitados na biblioteca escolar.

Traballo matemático con escornabots

A zona maker conta cun apartado de costura.

A zona Lego tamén está moi solicitada

E que imos contar de aprender matemáticas deseñando para a impresora 3D !