Papaventos da lingua (Letras Galegas)

E por suposto, a celebración das Letras Galegas foi na praza do Concello de Meaño. Logo do traballo previo nas titorías, na praza leuse un manifesto impulsando a fala da lingua galega, o alumnado de 4º interpretou unha cantiga de Acordeireta adicada a Luz Fandiño e toda a escola cantou “Papaventos da lingua”, unha cantiga que anima a utilizar o galego na fala habitual. Cada curso realizou un papaventos cheo de mensaxes, versos, palabras queridas… A idea era deixalos na praza, pero como viña chuvia, levámolos de volta á escola e os exporemos no monte na exposición do PDI.