Clubs de lectura 23-24

Acios e vides

Un club multixeracional do máis enriquecedor. Unha das propostas máis bonitas deste curso na escola. Lecturas, experiencias, manualidades, postres... compartidos entre lectoras e lectores de todas as idades. Alumnado, profesorado, familias, os nosos maiores... Todos xuntos, unidos pola lectura, na biblioteca da escola.

Estamos moi agradecidos co Centro de Día de Meaño pola súa colaboración. 

Clubs de lectura nas aulas. Proposta de escribir como lectoras/es.

Este curso tamén continuamos coa experiencia dos clubs de lectura, implantada en todo o Centro (Infantil e Primaria), asignando unha hora semanal (de Lingua) en todos os cursos.

O equipo de profesorado aplica neste tempo, entre outras metodoloxías, a formación recibida en cursos pasados sobre “escribir como lectores” por parte de Laura Benítez. Intentamos buscar entornos diferentes para este momento: nos xardíns da escola, na biblioteca… para engadir ese componente motivador e de disfrute da propia lectura.

En Primaria escóllense dous ou tres libros por curso. Partindo da lectura colectiva  de diferentes fragmentos, capítulos… aprovéitase para un momento de reflexión e expresión oral, creatividade, escrita creativa, espíritu crítico, investigación, ilustración…