Mochilas 22-23

A finalidade principal das mochilas viaxeiras: Facer chegar a todas as casas lecturas motivadoras, variadas, inspiradoras, divertidas... Levar un anaquiño da biblioteca da escola a todas as familias que forman parte dela.

Este curso,  o equipo de biblio seleccionou a bibliografía dotando 13 mochilas (1 para cada aula + 3 para as aulas con máis alumnado + 1 mochila de profes) do seguinte xeito:

- Un conto adaptado á idade.

- Un novidade de narrativa adaptada á idade (só en Primaria).

- Un libro de consulta.

- 1 libro de manualidades, experimentos ou cociña.

- Un libro– CD.

- Unha revista (Caracola para Infantil, Pantera ou Reportero Docs de 1º a 6º).

- Unha guía de orientación familiar.

- Un caderno de viaxe.

Como en cursos anteriores, os/as covilaboradores/as realizaron un sorteo quincenal (un venres cada 15 días) pola megafonía do colexio onde se anunciaban os gañadores da mochila.  Mentres os nenos/as estaban na hora de ler, íase anunciando o/a gañador/a de cada clase e ían subindo á biblioteca a recollela. Ao rematar o curso, todo o alumnado da escola acabou tendo unha vez a mochila na súa casa.