Lectura e familias 22-23

Este curso continuamos no programa “Lectura e familias” de Bibliotecas escolares de Galicia. 

O obxectivo principal: Queremos que as familias veñan á nosa escola, que desfruten de momentos de lectura compartidas e de todos os recursos creativos da nosa biblio. 

Na escola durante este curso quedou claro que SOMOS COMUNIDADE. As familias levaron a cabo obradoiros polas tardes: manualidades para o Samaín, para o Nadal, de elaboración dos traxes de personaxes de entroido (o traxe do peliqueiro e o do volante), elaboración de marcos para a exposición do PDI… 

En novembro varias familias organizaron unha festa en homenaxe á Comunidade Educativa de Meaño, o 8M deseñaron e fixeron a estrea dun documental sobre as Mulleres da Comunidade Educativa de Meaño… 

Dende a escola tamén organizamos un Obradoiro de mates para familias e o martes 6 de xuño, grazas a estar neste programa de Lectura e familias,  tivemos a sorte de poder contar cun Obradoiro de xogos de mesa en familia levado a cabo por Brazolinda.

 


Queremos festa!  11 de decembro

Creación colectiva do iglú con vimbias para o patio.

Elaboración das familias dos traxes dos personaxes de entroido

Obradoiro en comunidade de creación de espazos

Obradoiro de mates manipulativas para familias

Obradoiro de Xogos de mesa en comunidade. Brazolinda.