Maios en Meaño

En Meaño facíanse maios, e entre toda a escola festexamos unha vez máis esta celebración tradicional montando un maio colectivo e cantando as coplas inventadas. Poidemos compartir coas familias o momento final de canto e decoración do maio de “Coviña” (a mascota da biblioteca sempre se representa con flores na copa do maio).