Mark Ritchie

Grazas a que formamos parte do programa Biblio Creativa, tivemos a sorte de poder contar con tres obradoiros (1º, 2º e 3º de Primaria) deste marabilloso fotógrafo australiano.

Un pracer poder coñecelo e compartir momentos creativos con el. Logo de aprender aspectos xeográficos e de vida do seu país, creamos un collage (sen pegar nada).

Ao rematar o collage cada nena/o tivo a oportunidade de sacarlle unha fotografía á súa obra, que ademais estaba colocada na pantalla de luz. 

Estes foron os resultados.