Hoxe toca... Día na biblio!

Este será o horario de uso da biblioteca en tempo escolar para este curso 21-22:

Cada grupo terá reservada a biblioteca para utilizar durante todo un día (cada dúas semanas).

Durante este tempo poderanse realizar, entre outras, as seguintes dinámicas (xa postas en marcha durante cursos anteriores):

- Clubs de lectura.

- Utilización do espazo e recursos da radio escolar.

- Roteiros literarios.

- Escrita creativa.

- Traballo por proxectos e búsqueda de información.

- Filosofía para nen@s.

- Uso do croma e recursos de televisión.

- Lectura por lecer e uso de libros da biblioteca (de forma individual, deixando nun caixón habilitado aqueles libros que foron utilizados).

- Uso dos esconarbots e impresora 3D (sempre que se manipulen de forma individual)

- Uso das tablets e ordenadores da biblioteca de xeito individual.

- Uso das zonas maker de costura, matemáticas e ciencias, sempre que sexa cunha manipulación individual dos materiais.

- Uso da pantalla multitáctil.

- Préstamo de libros (devolvendo os mesmos nos caixóns da entrada da biblio).

- Etc.

Foron moitas as aulas que organizaron o Día na biblio con "Plans de traballo": tarefas a realizar en parella ou equipo, ao longo de todo o día, planificando de forma autónoma o orde de realización das mesmas. Nestas tarefas normalmente incluíanse propostas de pequenas investigacións, de radio, robótica, manualidades, escrita creativa, intercambio de libros, lecturas compartidas, etc... para aproveitar ao máximo o espazo de recursos que aporta a biblioteca.

VID_20220510_105438.mp4