Hora de ler 20-21

Como en cursos anteriores, temos un tempo diario (30 minutos) adicado á lectura. Esta lectura realízase na aula intentando variar o formato: lectura individual e silenciosa, lectura compartida, teatralizada, colectiva, na pantalla, de textos propios, etc. Tamén variamos as tipoloxías textuais para que @s nen@s se afagan a todo tipo de lecturas: cómic, poesía, libros informativos, teatrais, lectura de instrucións, cartas, biografías, etc.