Biblio creativa 22-23

A biblioteca é un laboratorio creativo de aprendizaxe. Esta zona maker é un bo exemplo de como podemos aprender facendo, experimentando, fedellando...

Esta sección da biblio conta dos seguintes recursos, que se utilizan tanto nas horas de titoría reservadas para o uso na biblio. coma nas tardes e recreos en biblio:

OBRADOIRO DE MARK RITCHIE

Grazas a que formamos parte do programa Biblio Creativa, tivemos a sorte de poder contar con tres obradoiros deste marabilloso fotógrafo australiano.

Un pracer poder coñecelo e compartir momentos creativos con el. Logo de aprender aspectos xeográficos e de vida do seu país, creamos un collage (sen pegar nada).

Ao rematar o collage cada nena/o tivo a oportunidade de sacarlle unha fotografía á súa obra, que ademais estaba colocada na pantalla de luz. 

Estes foron os resultados.