Clubs de lectura 22-23

Este curso continuamos coa experiencia dos clubs de lectura, implantada en todo o Centro (Infantil e Primaria), asignando unha hora semanal (de Lingua) en todos os cursos.

O equipo de profesorado aplica neste tempo, entre outras metodoloxías, a formación recibida en cursos pasados sobre “escribir como lectores” por parte de Laura Benítez. Intentamos buscar entornos diferentes para este momento: nos xardíns da escola, na biblioteca… para engadir ese componente motivador e de disfrute da propia lectura.

En Primaria escóllense dous ou tres libros por curso. Partindo da lectura colectiva  de diferentes fragmentos, capítulos… aprovéitase para un momento de reflexión e expresión oral, creatividade, escrita creativa, espíritu crítico, investigación, ilustración…

En 5º e 6º, en moitas ocasións, o formato é de círculos literarios, onde se combina o traballo cooperativo coa análise dende diferentes roles das obras a tratar. Cada neno/a do equipo le con ollos de ilustrador, escritor, sintetizador, buscador de palabras, buscador de mapas… e cada semana se van rotando eses roles…