Xulio Gutiérrez

VISITA DE XULIO GUTIÉRREZ: ANIMAIS EXTRAORDINARIOS

As clases de 4º, 5º e 6º tivemos a sorte de poder escoitar a Xulio Gutiérrez, autor da colección "Animais extraordinarios" da editorial Kalandraka. 

Aprendemos sobre animais, sobre hábitats, sobre xeografía e incluso sobre ilustración e fotografía. Unha conversa moi interesante que estivo chea de preguntas cheas de curiosidade por parte das nenas e nenos da escola.