Visitas autoras e autores 21-22

Visita de Anxo Moure

  • O 20 de abril tivemos a sorte de contar con dúas actuacións de Anxo Moure. Escollemos como "escenario" un carballo próximo á escola. As actuacións estiveron dirixidas ao alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria. Canto botabamos en falta xuntarnos para escoitar contos, para rir, para participar e cantar! Unha actuación impresionante, refrescante, marabillosa... e sobre todo creativa!!! Que ben o pasamos!

Visita de Lydia Botana para presentar o libro-CD "De aquí para alá"

O 27 de maio o alumnado de Infantil, grazas a Dinamización Lingüística, puido desfrutar deste marabilloso concerto-conto de Lydia Botana. Presentounos o seu novo libro-CD dun xeito marabilloso. A atención era total, así como a participación e asombro. Moitas grazas por vir á nosa escola!