Exposición final do PDI

Exposición final 21 de xuño

Artesás e artesáns aos seus postos! Logo de ter traballado todo o curso neste PDI, cada equipo fixo unha mostra dos seus proxectos e produtos realizados. Explicaron con detalle o proceso a todas as familias, nenas e nenos que se achegaban. Xornada emotiva e gratificante como remate de horas de investigación, obradoiros e traballo manual. 

A exposición da escola sumouse a do Centro de Día coas súas elaboracións. Estamos moi agradecidos pola súa participación, tanto nesta exposición coma no club de lectura ao longo do curso. Tamén houbo un espazo para o intercambio de sementes.

Tarefas de publicidade

É o alumnado da escola o que promociona esta exposición: anuncios de radio, carteis publicitarios, anuncios de tele, invitacións para as familias... todo é escrito e deseñado por eles/as. 

Carteis publicitarios (1º Primaria)

Anuncios de tele (4º de Primaria):

Anuncios de radio (2º e 3º de Primaria):

Invitacións (5º de Primaria):