Investigamos na biblio 21-22

A biblioteca: fonte de investigación e busca de información.

Fundamentalmente dentro dos contextos educativos de aprendizaxe de educación Primaria lévanse a cabo cada curso numerosos proxectos de investigación (ademáis dos que teñan relación co PDI). Nas titorías tamén hai proxectos e mini-proxectos, ademais de pequenas investigacións sobre temas diversos. A biblioteca é a fonte de recursos principal para poder realizar estes proxectos.

A metodoloxía para estas investigacións xira en torno ao traballo por proxectos, traballo por intelixencias múltiples, traballo por tarefas e grupos de expertos, plans de traballo, experimentos, estacións… alternando todas elas en función dos contidos a tratar. Todas as propostas rematan cun resultado final, que tamén varía pero que en numerosas ocasións é unha exposición oral, programa de radio, gravación na tele, facer un libro, expoñer e realizar un experimento, construir unha maqueta, mapas mentais, liñas do tempo, representacións teatrais, murais, etc.


Algúns dos proxectos desenvoltos nos diferentes grupos (a maiores dos do PDI) foron: O corpo humano, a praia, os alimentos, microteatro na natureza, lobas e lobos, petroglifos, stop motion de igualdade, avións de papel, loió DIY, liña do tempo, mulleres galegas da ciencia, proxecto cultivamos, lugares que me gustan de Meaño, vermes de seda, organización do Samaín, muller que leva na cabeza, as cousas que precisas na vida, etc.
Nos plans de traballo organizados para o “Día na biblio” tamén se realizaron propostas de pequenas investigacións sobre: flores, insectos, biografías de mulleres, inventos, viaxes, historia... para as que utilizaban normalmente os libros de consulta da biblioteca.