Investigamos na biblio 23-24

A biblioteca: fonte de investigación e busca de información.

Fundamentalmente dentro dos contextos educativos de aprendizaxe de educación Primaria lévanse a cabo cada curso numerosos proxectos de investigación (ademáis dos que teñan relación co PDI). Nas titorías tamén hai proxectos e mini-proxectos, ademais de pequenas investigacións sobre temas diversos (monumentos, insectos, flores, viaxes, mascotas, historia, biografías...). A biblioteca é a fonte de recursos principal para poder realizar estes proxectos e busca de información.

A metodoloxía para estas investigacións xira en torno ao traballo por proxectos, traballo por intelixencias múltiples, traballo por tarefas e grupos de expertos, plans de traballo, experimentos, estacións… alternando todas elas en función dos contidos a tratar. Todas as propostas rematan cun resultado final, que tamén varía pero que en numerosas ocasións é unha exposición oral, programa de radio, gravación na tele, facer un libro, expoñer e realizar un experimento, construir unha maqueta, mapas mentais, liñas do tempo, representacións teatrais, murais, etc.

Investigacións nos contextos científicos.

Durante este tramo é imprescindible a busca e tratamento da información. En numerosas ocasións precisamos da biblioteca e os seus libros de consulta para este fin. 

Estes son algúns dos títulos de proxectos  (ademais dos do PDI) levados a cabo durante este curso: o corpo humano, as prantas, Prehistoria, experimentamos coa auga, emocións por todos os rincóns, os sentidos, batas brancas (aprendemos coa auga), dálle lume, eleccións escolares, coñecémonos por dentro?, a nosa Terra, creemos unha escola sostible. Nos seguintes enlaces pódese acceder a algúns destes proxectos de investigación realizados nos contextos da nosa escola.

Pequenas investigacións en biblio.