Día do libro en Meaño

O Día Libro retomamos con moita ilusión as lecturas compartidas. En principio tiñamos idea de facelas en diferentes lugares de Meaño, pero o tempo non acompañou. Por ese motivo, fomos dous grupos de cada vez á biblioteca coas parellas de lectura e compartimos libros: o menor “leulle” ao maior e viceversa. Botábamos moito de menos estes momentos…