Día de Rosalía. Domingo 23 de febreiro.
O 23 de febreiro, a nosa biblioteca escolar converteuse nun espazo de encontro e memoria para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, unha data moi especial para toda a comunidade educativa.
Durante o acto, reunímonos para escoitar e compartir os versos da nosa querida poeta galega, coa lectura pública dos seus poemas como fío condutor. A música acompañou as palabras, achegando emoción e creando unha atmosfera máxica que encheu de vida a biblioteca.
A celebración rematou cun momento de convivencia arredor do tradicional “Caldo de Gloria”, que nos permitiu fortalecer lazos e quentar o corpo.
Desde a biblioteca queremos agradecer a participación de todas e todos, pois foi a vosa presenza e entusiasmo o que fixo desta conmemoración un verdadeiro éxito.