Hoxe toca... Día na biblio!!!
Este curso mantemos unha das dinámicas máis esperadas e queridas polo alumnado: o Día na biblioteca.
En Primaria, cada grupo conta cunha mañá completa para desfrutar e traballar na biblioteca escolar. En Educación Infantil, temos reservada unha hora semanal para o seu uso. Ademais, a biblioteca continúa aberta e dispoñible sempre que estea libre, como un espazo de referencia para todos os contextos educativos que se desenvolven na escola.
Durante o Día da Biblio, lévanse a cabo propostas moi variadas, que permiten combinar o traballo por proxectos co pracer da lectura e a creatividade. As dinámicas máis habituais son:
Uso das zonas maker: xogos de mesa, construcións, manualidades, retos matemáticos...
Investigacións e pequenas búsquedas de información.
Uso do croma e recursos audiovisuais.
Lectura por pracer e exploración libre da colección da biblioteca.
Pantalla multitáctil como ferramenta de aprendizaxe e xogo.
Intercambio de libros para casa e para as bibliotecas de aula.
O Día da Biblio é xa un referente de organización, motivación e aprendizaxe no noso centro. Un espazo no que, a través da lectura e dos recursos da biblioteca, seguimos construíndo comunidade e coñecemento.