Proxectos das titorías

Imos presentando as nosas temáticas escollidas por aula para afondar nun proxecto de investigación sobre o tema do curso "Botarse ao monte".




Proxecto: O CORPO HUMANO

Aula azul (4 e 5 anos)



No 2º trimestre os nenos e as nenas da aula azul traballaron o proxecto de O CORPO HUMANO.

Nesta ocasión dirixíronse ao monte para traballar o esuqema corporal, realizando así as diferentes partes da cara con elementos do monte: paus, follas, pedras, etc.

Proxecto: Exploradoras e exploradores de aves.

1º de Primaria

En 1º de Primaria durante este curso queremos explorar o bosque que temos ao lado da escola. Comezamos a afondar na exploración de aves e quedamos prendados nesta temática. Investigamos sobre preguntas que foron xurdindo, exploramos e "espiamos" aves do noso monte, analizamos plumas, construímos casiñas de paxaros con materiais de reciclaxe, imos investigar tamén sobre os cantos dos paxaros e gravalos, observalos cos prismáticos... e preparar o resultado final para presentar o que aprendemos á comunidade educativa da escola.