O luns 6 de xuño tivemos a sorte de poder contar con tres obradoiros da man de Pablo Otero. Os obradoiros foron de Ilustración e gráfica creativa, titulados “O bolso da miña avoa” e “Abrapalabra”
Aprendemos todas e todos os que podemos asistir. Tanto profesorado coma alumnado quitámoslle moito proveito ás propostas creativas de Pablo Otero, diversas e que motivaron o alumnado dende o primeiro momento, creando de xeito moi diverso nos diferentes grupos. Os curso que asistiron foron 4º, 5º e 6º de Primaria.
Durante este curso, sobre todo para o traballo por estacións das titorías, houbo unha inversión grande na biblio en xogos de mesa. Sabemos do seu potencial a nivel de aprendizaxe competencial para o noso alumnado, así como da motivación innata cara o xogo das nosas nenas e nenos. Lóxica matemática, estratexia, traballo cooperativo, expresión oral, creatividade, cálculo, expresión escrita, arte, habilidade, ... os xogos de mesa son unha fonte de aprendizaxe marabillosa!