Nas asambleas de aula e na Xunta de Delegados da escola, concretouse este xeito de manifestar que Meaño está en contra das guerras e se solidariza con Ucrania nesta terrible situación. Tamén houbo unha recolecta de cartos, da que se encargou o alumnado de 6º e que ascendeu a 1420,95€ , cantidade que se doou integramente a UNICEF.