Radio Coviña 23-24

Este curso continuamos como terceiro ano consecutivo no programa “Radio na biblio” (de Bibliotecas Escolares de Galicia) . A radio foi moi utilizada no día a día de cada grupo, dando recados e avisos ao vivo, así como gravando diferentes programas, tanto de animación á lectura (en colaboración con outras escolas e con Radio Tui), lecturas entonadas, teatro lido, audiolibros, entrevistas, conversas improvisadas, podcast como resultados finais de proxectos, anuncios, etc.  O uso da radio tamén se veu fortalecido este curso co obradoiro diario de radio na última hora da mañá, a cargo do mestre de música.

Obradoiro con Pedro Iglesias

Grazas ao programa Radio na biblio, poidemos contar coa formación deste especialista. Xogamos, creamos música, entendimos conexións e cableados... na biblio. A esta formación asistiu o alumnado de 4º e 5º de Primaria o día 10 de xuño.