8 M - Retratos

O 8 M, Día Internacional da Muller, ademais dos diferentes traballos e miniproxectos realizados nas titorías, traballamos o retrato fotográfico. Pensamos na “muller da nosa vida” e fixémoslle un retrato fotográfico. Logo aproveitáronse eses retratos para a expresión escrita.

As nais da escola tamén foron protagonistas ese día. Un grupo de nais elaborou un documental sobre "As Mulleres da Comunidade educativa de Meaño" (pinchar para ver) impresionante! Un traballo de moitas horas que recoñecemos e agradecemos profundamente dende a escola. O 8 M toda a escola puido acudir á estrea deste marabilloso documental.